


SABER MOLA



TEMA 0:
-
Lembranza das capas da Terra ( 3º)
-
Continentes e océanos ( 3º).
-
Representación gráfica ( latitude e altitude , Ecuador , meridiano,hemisferios, coordenadas )
TEMA 1:
-
Xeosfera , : concepto, estrutura .Placas tectónicas : Concepto Accidentes xeográficos ( volcáns: partes , lava e magma , illas , montañas :serras e cordilleiras, depresións ).
-
A atmosfera : Concepto .Importancia para o ser humano ( osíxeno , protección, temperatura do planeta )
-
Capas da atmosfera: denominacións e características de cada unha .
-
Clima e tempo atmosférico , situacións atmosféricas : treboadas , furacáns , tornados ...
-
Zonas climáticas do planeta seguindo o Ecuador fría , temperada e quente )
-
XEOGRAFÍA
-
Comunidades de España .
-
España en Europa
Para traballar estas secuencias de contidos empregamos diversas estratexias , desenvoltas nos catro espazos ou grupos de traballo da clase , durante este trimestre estivemos traballando nun espazo , o traballo por parellas co obxectivo de elaborar un mural , para rematar coa exposición oral do mesmo , noutro espazo traballamos fichas que unha vez elaboradas ou simnplemente arquivadas van desenvolvendo o caderno que será a vía máis diorecta para un estudo posterior cara aos exames ou controis , o 3º espazo é o de investigación ,aquí fan o seguimento duns genially (presentacións interactivas ) na que se dan explicacións didácticas do tema con escritos e videos para rematar cunhas probas -xogo a modo de revisión , poderedes ver os geniallys que despois se traballan na clase nesta páxina , o cuarto espazo estará adicado a plástica polo que xa se define no seu apartado . Estas estratexias fixas ou permanentes varían con outras máis específicas ( xogos , investigación de ordenador , lapbooks ...)
A Terra
Que sabes das zonas climáticas?
España : preme e xoga
2º TRIMESTRE
Finalización Tema 1 :
-
Clima ( elementos e factores ) .
-
Cambio climático : Pasos : contaminación ( concepto- tipos : aire , auga , terra , acústica e luminosa ), efecto invernadoiro (concepto) , quecemento global ( concepto ) , Cambio climático ( concepto )-
-
Vida sustentable .As 3 R ( reciclaxe , reutilización e reducir )
TEMA 2
-
A poboación : Concepto
-
Clasificación : ( Revisión : Idade -Xénero , Activa e non activa , Rural-Urbana ).
-
Rexistro : O padrón e o censo ( Concepto)
-
Crecemento real e crecemento natural ( Conceptos )
-
Densidade de poboación : concepto e fórmula .
-
Gráficas de poboación : recoñecemento e lectura .
-
Emigración e inmigración : significado , razóns polas que se produce.
-
O fenómeno migratorio ( análise xeral , fronteiras , diversidade ).A súa importancia como crecemento de poboación .
-
Produción: que é ?
-
Conceptos varios : industria- artesa , empresa , salario , empregado , artesanía , materia prima .)
-
sectores de produción : Primario ( materia prima e tipo de traballo : minería , silvicultura , gandeiría , agricultura , apicultura …) ) , sector secundario ( artesanía – industria e tipos de traballos ) , sector terciario( tipos de traballos )
-
Conceptos : Empresa , autónomo , asalariado – empregado , xubilación , paro ...
XEOGRAFÍA:
-
Europa ( intro a capitais )
-
Provincias de España .
O cambio climático
Que aprendiches do video?
Sabes reciclar? As 3 R
A poboación
Test da poboación
Sectores de produción
3º Trimestre
Lembrar que a avaliación é contínua polo que sempre seguiremos traballando conceptos dos anteriores trimestres e a maiores os novos contidos deste trimestre :
-
Intro relevo España .
-
Intro unión Europea
-
Principais institucións por Aproximación : concello e comunidade ( funcións ) .
-
Comprensión dos principais conceptos políticos de España ( Democracia ,autonomía,monarquía , sufraxio ...)
-
Patrimonio cultural arquitectónico e natural de Galicia , e da súa provincia e concello
-
Prehistoria e os romanos en xeral , e en España e Galicia
Xogo UE
Ficha unión europea
O relevo de España : Montañas e ríos
Didactalia
Ríos de España
Ríos de España: Xogo
Relevo de España
A política en España
A constitución de clic.xte
A prehistoria
Contidos para proba específica -exame final
Datas : 4º A : Día 9
4º B : Día 10
-
Capas da Terra : definilas , e saber como están compostas , no caso da atmosfera recoñecer para que é necesaria .
-
Diferencia entre clima e tempo atmosférico .
-
Cambio climático : é importante que entendan e saiban explicar como se produce .
-
Continentes e océanos .
-
España : mares que a rodean , provincias , países limítrofes , arquipélagos , relevo ( Ríos e montes principais ) .
-
Galicia : provincias , capital e definila ( símbolos - bandeira , himno , muiñeira , lingua , comidas , é verde e ten unha costa recortada , rodeada do Atlántico e Cantábrico ...e principais monumentos : Torre de Hércules , Muralla de Lugo , Catedral de Santiago , Praia da catedrais , Castros , Dolmens , termas... ).Trátase de facer unha breve descrición na que poidan explaiarse canto queiran .
-
A poboación : concepto , clasificación ( idade , xénero , idade de poder traballar ( Activa ) e non activa , e por onde viven : rural e urbana . Rexistro : Censo e padrón , conceptos de natalidade - mortalidade - inmigración e emigración , e diferencia entre crecemento real e natural .
-
Sectores de produción . Diferencia entre artesanía - industria . Concepto de : empresa- empresario - empregado e asalariado , autónomo e xubilado.
-
A UE : que é ? , cando , como e por que se fixo?, valores = 2 , diversidade e paz , obxectivos iniciais e actuais .
-
Concepto de Democracia -ditadura , constitución , parlamento ou cortes xerais e deputados e deputadas .
-
Capitais de : Suiza , Francia , Inglaterra , Alemaña , Italia , Portugal , Grecia , Holanda , Islandia , Noruega , Finlandia , Islandia , Suecia , Austria , Rep.Checa , Dinamarca , Bélxica , Rusia , Ucraína , Rumanía .
-
A prehistoria ( liña da prehistoria e 3-4 características de cada unha das súas etapas )
Dentro destes contidos é importante que saiban explicar o cambio climático , que amosen coñecemento do territorio español e galego e que "manexen" os conceptos de cultural xeral máis cotiás tanto políticos ( Democracia ....) como laborais ( xubilado ...) .
Lembrar que a nota final da materia non é exclusiva das probas específicas , caderno , tarefas cotiás , traballos en equipo e actitude xeral son outros dos parámetros tan importantes como estas probas .
Os contidos aquí referidos son seguindo a avaliación contínua os máis salientabeis con respecto aos contidos xerais .