


SABER MOLA




Na plástica o obxectivo principal é acadar primeiramente o coñecemento básico de distintas técnicas de traballo , e partindo delas e do espíritu creativo do neno ou nena , desenvolver traballos básicos , coa finalidade de que unha vez domine varias técnicas en calquera traballo libre teña a opción de escoller cal empregar segundo o seu sentido estético
1º trimestre
O primeiro a traballar en 3º serán as liñas de cores polo que utilizamos debuxo con silueta na que terán que ir coloreando a xeito na liña .
O segundo traballo neste trimestre será o ESGRAFIADO , técnica descrita no video .
O terceiro contido ,é o círculo cromático ( primarios e complementarios )
Para rematar o trimestre fixeron a distinción entre cores cálidas e frías , realizando unha paisaxe de cada caso , neste tiveron a liberdade de usar calquera material para a súa realización .









2º Trimestre
Neste 2º Trimestre traballamos en primeiro lugar o concepto de sombra , mantendo especial coidado co uso correcto das cores , seguindo este primeiro traballo , ligamos o traballo das liñas coa percepción visual do 3D , entendendo igualmente a importancia da luz á hora de facer a sombra .
Finalmente fixemos unha marabillosa incursión polo collage , onde se tiña que elaborar unha paisaxe , que dalgún xeito rachara cos estereotipos , puidendo engadir calquera elemento , pero sempre cun criterio artístico , e na procura de dar algunha sensación ( evidentemente traballando e coidando limpeza e pulcritude no recorte e no collage ) .Pòr último seguimos coa liña de diferenciar as cores cálidas e frías e como contrastalas para salientar máis as cores .
Os resultados disto foron entre outros moitos :




















