Carmen falounos da súa paixón pola xinasia rítmica , sen dúbida despois de escoitala un ademais de aprender sinte entusiasmo por este deporte .
Tivemos a oportunidade de saber moitas cousas novas e sorprendentes sobre os gatos : os tipos que hai , características , coidados e moitas curiosidades , grazas a Vera e David que ademais nos presentaron ao seu enorme e fermosísimo gato
A nosa querida Mencía relatounos a viaxe da súa vida : Madrid , cos seus seres queridos , descubrimos con ela un pouco do mundo Pixar entre outras moitas cousas ...
Rafa descúbrenos no seu faladoiro un animal ben curioso , a verdade é que para tod@s foi unha grata sorpresa escoitar falar deste ....?
Sen dúbida despois de escoitar a Sabela e a Daniel , quedáronsenos a todos ganas de ir nadar , puidemos aprender con eles dos estilos que existen e as características de cada un
Nesta ocasión tivemos o gusto de aprender da man de Chloe, Rosana e Pablo , moitas características do cabalo , unha grande paixón de Chloe , que acadou nun campamento de hípica .
Marabillosa viaxe por terras marroquíes da man de Anás , coñecer unha cultura tan fermosa de quen sinte unha grande paixón pola súa Terra , sen dúbida foi un enorme privilexio para nós
Unha viaxe marabillosa , por unha afeizón compartida e tamén marabillosa que nos amosan Pablo e Saleta , sen dúbida aprendimos cousas moi interesantes .
Un faladoiro divertido e interesante dun lugar fermosísimo , que nos prepararon Alice e Taise . Viaxamos ás terras de Brasil !!!
Neste faladoiro Cataleya fálanos da súa Terra , das súas lembranzas e dos lugares nos que de pequena quedou prendada para sempre . Benvidas a Mérida !!!
Aquí temos a un experto dos pokemon , que coa axuda da súa avoa , adéntranos neste mundo de ficción e fantasía cunha grande sabedoría e paixón .
Detrás deste faladoiro hai un grande traballo de tenacidade e sen dúbida orixinalidade , Roi e Jennifer , nos adentran no mundo Lego cunha grande sensibilidade e con moito traballo de días .
Esteban é un compañeiro que vén de chegar das bonitas Terras de Perú , el nos aporta neste faladoiro , os eu gusto pola lectura , e ademais fainos unha demostración de como en tan pouquiño tempo é quen de falar en galego , ¡ Os nosos parabéns !
Julieta e Jimena , dúas irmás marabillosas que nos dan a coñecer a súa paixón polo patinaxe , animándonos a tod@s a probalo , ¡ mesmo nos dan algún truquiño para aprender ben !
Fantástica viaxe a Port Aventura da man de Kaley , quen nos detalla unhas marabillosas aventuras ( consellos engadidos ) que pasou coa familia no famoso parque de multi- atraccións
¡DEPOR , DEPOR ! , isto é o que todas as fins de semana posiblemente cante Adri , xa que como ben amosa neste faladoiro , a súa grande paixón é o fútbol e de todos os equipos , o seu equipo da Ialma , o Depor .
Mateo , fainos de guía turístoco pola illa de Tenerife , unha marabillosa viaxe que fixo coa súa familia , a través da cal descubriremos a súa gastronomía , os lugares de lecer , e as fantásticas paisaxes da mesma .
O mundo LEGO , foi un enorme descubrimento para Iker , quen dende moi pequeno vén alimentando ano tras ano esta afeizón Neste video descúbrenos esta afeizón , os porqués da atracción a este xogo e Tania , nos confirma a grandeza pedagóxica do mesmo .
Lucas fixo unha viaxe polas Baleares , concretamente por Mallorca , na súa exposición fálanos de lugares máxicos ( covas dunha auga cor impresionante ) , duns parques e en definitiva dános a coñecer as marabillas desta illa .
Neste faladoiro , descubriremos unha arte marcial : O judo , que vén da man de Maia , acompañada do seu tío e tía . Maia xa leva uns anos neste deporte , e aquí dános unha mostra do seu saber , da súa historia e , as técnicas básicas . Así que ¡ HAYIME!
Marabillosa exposición de Hugo sobre Lego , do que despois de varios faladoiros , chegamos a ter moitos coñecementos deste grandioso mundo de creación .
Samuel fainos unha descrición moi específica sobre o Anime , diferenciando claramente co manga , descubriremos neste faladoiro moitas curiosidades deste mundo de animación , da man , como el di que quixera ser , un gran Otaku .
Fantástica narración da primeira guerra mundial , na que Leo de maneira maxistral e amosando unha claridade sorprendente en datos e detalles , fai deste faladoiro un documento histórico que paga a pena considerar case como materia de estudo .
Alex fainos unha detallada descrición dun deporte moi considerado na súa Terra natal ( Cuba ) e que aquí en España tamén se obtiveron moi bos resultados . Sen dúbida un deporte de equipo do que grazas a Alex , poderemos coñecer mellor a partires de agora .
Ante vostedes un candidato a futuro astrofísico , Martín amósanos neste faladoiro a súa paixón polo coñecemento do universo , neste caso fálanos dos buratos negros , realmente cunha grande maestría .
Aroa preséntanos neste faladoiro , unha estrana criatura alieníxena pola que amosa ter unha grande paixón , e que ao longo do seu faladoiro foi quen de contaxiarnos polo seu entusiasmo cara a esta divertida personaxe .
Neste faladoiro Agua e Sonia lévannos ao mundo do balletn , un mundo polo que ambas amosan ter unha grande paixón , nesta extensa exposición coñeceremos unha disciplina artística tan fermosa como dura de practicar , e por suposto Agua tamén nos falará da súa referente principal neste precioso mundo da danza e ballet.
Unhas fantásticas vacacións nun lugar marabilloso , se estades animad@s a viaxar de acampada e pasalo xenial , aquí esta Sira , amosándonos como se pode facer , ademais de darnos a coñecer unha vila preciosa de Galicia
