No ámbito lingüístico teremos un tempo para a expresión oral incidindo de maneira especial , na importancia de capacitar e dotar aos nenos e nenas de estratexias que lles permitan avanzar de xeito notable en todos os aspectos relacionados coa oralidade , expresión , intervencións en público , debates...
CREAMOS
-
Vocabulario
-
Conciencia fonolóxica
-
Escritura
-
Prensa
IMPRENTA
-
Coñecemento da Lingua
-
Produción escrita
-
Percepción visual
-
Grafo
TICS
-
Comunicación oral
-
Comprensión lectora
-
Atención e memoria
-
Percepción auditiva
-
Alfabetización mediática e informacional.
-
Radio.
-
Tics
CONTACONTOS
-
Comunicación oral : falar e escoitar.
-
Educación literaria galega e castelá.
-
Comprensión lectora.
-
Lectura.
Contidos principais do 1º Trimestre
Lingua Galega :
-
Vocabulario :O alfabeto , a numeración en galego ,o corpo , a familia , as afeccións , traballos e animais .
-
Expresión escrita :A descrición física, o conto , partes do texto narrativo e as novas .
-
Expresión oral : A descrición , os meus hábitos , Contamos contos .
-
Gramática : : Lingua e linguaxe , linguas de España A comunicación( concepto e partes ) , a oración( tipos ) , parágrafo e texto , Substantivo( Tipos )-adxectivo( Graos ) e verbo .
-
Ortografía : O masculino/feminino , o masculino/feminino .Sílabas tónicas e átonas , as palabras pola acentuación.Ditongos e hiatos
-
Leo e comprendo : Lectura para 4º A na clase de " a filla do ladrón de bicicletas " de Teresa Gozález e 4º B " A lagoa das nenas mudas " De Fina Casalderey , a maiores faremos lecturas de pequenas obras de teatro , prensa e unha escolma de textos narrativos .
Lengua castellana :
-
Vocabulario : El diccionario , palabras sinónimas - homónimas , palabras polisémicas - antónimas y palabras homófonas.
-
Expresión escrita : Cohesión y coherencia del texto ( Seguir una línea argumentativa , evitar repeticiones , evitar las contradicciones ) , descripción de lugares , reforzamos en este caso a través de las dos materias la narración ( en 3ª y 1ª persona , los diálogos y las partes ).
-
Expresión oral : La descripción ( lugares , personas , objetos , animales ...) , contamos una historia , Elaboramos diálogos por pareja , registro coloquial , y registro formal .
-
Gramática :La comunicación( concepto y partes ) , Sujeto y predicado , Sustantivo( Tipos ) -adjetivo( grados ) y verbo, A acentuación .
-
Ortografía :Signos de puntuación : coma , punto y punto y coma.
-
Leo e comprendo : Lectura conjunta de libro prestado de la biblioteca , lectura de obra de teatro , prensa y recopitatorio de diversos textos narrativos.
Traballos para ambas materias :
-
Cada nena e neno terá un caderno pequeno ao que chamaremos caderno de resumos , ( pode ser de cadrícula ou doble pauta mediana ) , ao longo deste 1º trimestre deberá ler na casa 2 libros ( 1 en galego e outro en castelán , para iso está as lecturas aconselladas , aínda que por suposto pódense coller doutras ) , e lerán durante a semana , para finalmente facer un resumo ( mínimo 5 liñas ) xunto cun pequeno debuxo descrptivo do lido , que entregarán o último día de cada semana que teñan clase de lingua ou lengua .
-
Cada semana un neno ou nena ( irá por quendas ) traerá 3 palabras en galego que serán a base para facer unha redacción que se entregará cada 2 semanas ( moitas veces se cadra xa se fai na clase ) , desas 3 palabras na seguinte vez so se poderá repetir na escolla das 3 novas unha das anteriores ( ca idea de descubrir máis vocabulario ) - Este traballo vai enfocado para comezar no 2º trimestre .
-
Este ano a temática da PDI é o teatro , polo que despois de facer na clase unha intro aos diálogos , voces , entonacións e demais , comezaremos a facer teatrillos ( tipo monicreques ) nos que participarán en distintos momentos toda a clase , aproveito para invitarvos a que as familias tamén preparedes algunha cousiña .
-
Os faladoiros serán eses momentos nos que ao comezo da mañá , un neno ou nena nos presentará un proxecto ( do ámbito que sexa ) sobre unha temática que lle gusta , que lle apaixone ( aquí teremos que contar coa vosa colaboura , xa que o proxecto farase na casa ) e cando o teña preparado virá a expoñelo ( podería vir acompañado por que quixera ) e o demais alumnado participaría , preguntando e falando sobre a exposición .Esta idea poñerase a avanzar a partir do 2º mes .
-
Como ben sabedes , traballamos en 4 contextos , remarcar que haberá espazo para xogos de letras tipo tutti fruti , xestos , pasapalabra , master mind letras , scrable ...
-
Faremos uso dos ordenadores de maneira cotiá , pero fundamentalmente para ditados e algún traballo de investigación , da mesma maneira as tablets serán para xogos educativos con finalidade de reforzar certos contidos , non obstante o uso das pantallas non será cotiá.
NOTA : Aínda que os contidos van secuenciados , ao tratarse das dúas materias de lingua , conceptualmente comparten os mesmos criterios gramaticais , polo que ambas materias se complementan e á vez se " solapan " puidendo darse o caso de traballar fichas de conceptos establecidos nunha materia , na outra .
Contidos para o 2º trimestre
Neste 2º trimestre , mantemos a liña de lectura , para a cal inserín no apartado de lecturas , outras novas recomendacións . Neste trimestre leremos 3 libros , que poden ser 2 en galego e 1 en castelán e viceversa , unha posibilidade é para o 2º trimestre e a outra para o 3º . Os resumos seguen sendo para os venres .
Como a PDI deste ano é o teatro , seguiremos facendo representacións de teatro , monicreques e demais . A temática literaria para este 2º trimestre vai ser principalmente a poesía , polo que diversas actividades , van ser propostas a tarvés deste xénero . Insistir que os contidos en ambas materias van solapados , puidendo darse en ambas linguas .
Avanzaremos no uso dos ordenadores , chegando a facer probas específicas ao respecto , trátase de manexar o office ( word ) , levando o ritmo do ditado , sabendo cambiar fontes , tamaños , encadrar e inserir imaxes .
Mantemos a liña dos faladoiros ( cada nen@ ten á súa data .
Comezaremos as lecturas individuais para os máis cativos do colexio .
Ademais faremos un recital poético , no que ao igual que os faladoiros ,sería marabilloso viñerades acompañando aos/ ás nen@s ( pode ser apoiado con imaxes , disfraces , gravados dende a casa - neste caso o proxectamos na clase )
Lingua galega :
-
Vocabulario : Prantas , a roupa , a vivenda e os costumes cotiás .
-
Expresión escrita : Mantemos a descrición de espazos , a poesía ( rima , verso a musicalidade , a estrofa, caligramas, acrósticos , o sentimento e creación propia ..Recursos literarios : Comparación - personificación
-
Expresión oral : Os meus costumes cotiás , descrición de lugares , expreso sentimentos ( Compartimos )
-
Gramática : Mantemos clases de substantivos , o xénero e número , e suxeito e predicado, e ditongos e hiatos . Incorporamos Determinantes ( artigos , demostrativos , posesivos , numerais e indefinidos ). Acadaremos a análise morfolóxica ( substantivo , adxectivo , verbo e determinantes ).Contracións cos determinantes
-
Ortografía : os dous puntos , os puntos suspensivos . Mantemos a acentuación .
-
investigación : as árbores , o deporte galego e artistas de Galicia .
Lingua castelá :
-
Vocabulario : Mantendremos sinónimos - antónimos , palabras polisémicas y añadimos palabras compuestas , palabras primitivas y derivadas , familia de palabras y campo semántico .Sufijos y prefijos ( relacionado a palabras derivadas )
-
Expresión escrita : El diálogo , coherencia contextual , los conectores como herramienta fundamental . Mantendremos el cuento para reforzar la interiorización de la estructura , y la creatividad . .La biografía . Cartas y postales ( estructura ). La prensa , la noticia ( estructura , importancia del contenido ...) Iniciación a la publicidad
-
Expresión oral : Diálogo . Registro formal y coloquial .
-
Gramática : El párrafo . Mantemos tipos de oracións . Núcleo del sujeto y predicado .
-
Ortografía : El acento , palabras terminadas en d y z .
Control do 2º Trimestre
Datas : 11, 12 e 13 de febreiro
Nos controis do 2º trimestre os contidos serán :
Vocabulario en galego : roupa , parentescos , partes do corpo e numeración .
Para as dúas materias :
-
palabras polisémicas , sinónimos e antónimos , palabras compostas , primitivas e derivadas .
-
As palabras pola súa acentuación ( recoñecer a sílaba tónica )
-
Hiatos e ditongos .
-
Tipos de oracións .
-
Clasificación dos substantivos .
-
O suxeito e predicado ( e núcleos ) .
-
Análise morfolóxica : Substantivos , adxectivos , verbos e determinantes .
-
Clasificación dos determinantes .
-
Uso dos conectores .
-
A descrición .
-
Rima asonante e consonante
Contidos para o exame da 2ª avaliación
Nesta 2º avaliación coma sempre os contidos serán compartidos en ambas materias , agás o vocabulario e as contraccións en galego . O vocabulario en galego será o correspondente á numeración , prendas de vestir , parentescos , partes do corpo e espazos da vivenda .
-
palabras polisémicas , palabras compostas , sinónimos e antónimos , palabras primitivas e derivadas , aquí tamén entrarán os sufixos e os prefixos .
-
As palabras pola acentuación .
-
Hiatos e ditongos .
-
Tipos de oracións .
-
Clasificación de substantivos e determinantes .
-
Análise morfolóxica ( substantivos, adxectivos , verbo e determinantes )
-
Suxeito e predicado e localización de núcleos .
-
Uso dos conectores .
-
Realizar unha carta , postal ou mail .
-
Prosa e verso .
-
Estrofa , rima asonante e consonante .
-
, Uso da coma , dosu puntos , puntos contínuos ou suspensivos e punto e aparte e seguido .
-
Familia de palabras ou léxica e campo semántico .
-
A descrición .
Propostas de traballo para estes días de Semana santa
Nestas vacacións de Semana Santa , as propostas ou suxestións de traballo no ámbito lingüístico son :
-
Lectura dunha banda deseñada e resumo en ordenador ( word , office ) , ben aliñado ou xustificado , título en maiúscula , negrita e subliñado , e inserir unha foto relacionada , traer o documento impreso.
-
Nunha plantilla , tamén word ou office , facer unha carta a unha personaxe descoñecida ( alcaldesa, directora , Presidente...) solicitando algo ( lembrar as formas de cortesía e presentarse , antes de solicitar algo e despedida axeitada , ( non precisa ser moi extensa , só saber colocar ben as cousas ), e ten que vir impresas .
-
No bloc de debuxo facer un reparto coa regla en 6 seccións , e engadir unha folla en cada unha nomeando a árobre á que pertence de : pino , castaño , carballo , bidueiro , albedro e loureiro , no caso de non obter a folla , poderíase debuxar .
-
Entrar nos seguintes enderezos : comprensión de lecturas interactivas para 5º ( mundo primaria ) e https://6pedroche.jimdofree.com/lengua/comprensi%C3%B3n-oral/tercer-ciclo/ , aí farán lecturas comprensivas interactivas , as que queiran , para coller soltura á hora de respostas a través do ordenador e ler .
Xa para rematar coma sempre lembrar que son so suxestións e que seguindo a pauta de sempre está no voso criterio de facer o que consideredes , segundo as circunstancias de cada un ( viaxe , estadía noutro lugar , ou simplemente descanso xeral ) .
Tan so desexarvos un bo descansiño nestes días e que veña bo tempo , que sempre axuda .
Libro de lectura común para o 3º trimestre
A diferencia con respecto aos anteriores trimestres é que de maneira obrigada ,so terán que ler un libro , do cal faremos diversos traballos a posteriori , e so se traerán resumos de partida os venres dese libro , iso non quita de que lean outras cousas despois e que fagan o resumo deses libros ao rematalos .
No tocante aos libros que se propoñen para este trimestre , decirvos que pode resultar ameno tamén para adultos , polo que sería interesante que vos animárades , e así podervos facer propostas en común ( c@s nenos ) a posteriori . Certamente , aínda que o libro " jules verne e a vida secreta das mulleres planta " ten unha catalogación para algo máis maiores , paréceme que é accesible tamén as nosas clases , de aí a proposta , tan só a linguaxe é un pouco máis " depurada " , ese se cadra puidera ser o sobreesforzo , non obstante o meu consello é que vaian anotando as dúbidas neste senso , para traer á clase . Igualmente temos unha segunda proposta como escolla á hora de ler que sería " Patio de luces " , un libro que mália ser pequeno en páxinas , dá moito xogo á hora de traballar en valores e en cuestións de creatividade . Polo tanto , un ou outro serán os protagonistas deste derradeiro trimestre en canto a traballo de lectura . Con respecto á lectura en xeral , teñen un lectómetro na clase , na que van marcando e sinalando os seus libros lidos , polo tanto á marxe destas 2 recomendacións ( obrigatorio só un ) evidentemente leran máis , mais sempre de xeito voluntario , de aí que traerán as súas recomendacións , para aconsellar aos demais ( isto falarémolo á volta )


Contidos do 3º trimestre
Moitos dos contidos referidos a este 3º trimestre serán parte dunha liña contínua con respecto aos anteriores trimestres .
Análise morfolóxica : Substantivos , adxectivos , verbos , determinantes ( asentaremos máis este concepto e a súa clasificación ) , pronome ( neste caso con maior intensidade en lingua galega pola súa dificultade no seu uso cotiá , preposición - conxuncións e adverbios .
No tocante ao verbo traballaremos as conxugacións , tempos verbais ( pasado - presente e futuro ) , formas simple e compostas e modos . Non se traballarán as formas verbais en canto aos seus tempos , só dun xeito global . Si traballaremos a distición máis salientabeis entre o uso do verbo en galego e castelán .
Na expresión escrita e oral , traballaremos a prensa , a argumentación ( debates ) , implícitamente a idea principal e secundaria , a biografía e a publicidade .
Literatura : A banda deseñada ( Cómic )
Ortografía : ll-y ( ou x ) , nh . Evidentemente poñeremos maior énfase no uso do acento e as pausas ( signos de puntuación )
Vocabulario : xentilicios e refráns ou expresións feitas .
Estratexias de estudo : o resumo e o esquema .
Continuidade de : Mantemos o asentamento en hiatos e ditongos , uso de sufixos e prefixos , conectores e diferenciación suxeito e predicado .
