top of page
corpo.jpg

O corpo Humano Paxina da " profa "

vocabulario :

live.jpg

Traballamos o corpo humano

portal.jpg
Xogamos co portal das palabras

A numeración : Os Cardinais 

numeros.jpg

O abecedario

Preme na imaxe

Expresión escrita

TRABALLAMOS A DESCRICIÓN 

Para describir unha persoa debemos seguir estas indicacións básicas:

  • Despois de observar e reflexionar sobre a persoa que imos describir, organizaremos a información que nos parece máis destacada. A observación pode ser física ou mental, se imos describir a alguén que non está connosco, pero a quen coñecemos.

  • Seguiremos unha orde, do máis xeral ao máis particular:

  1. Indicaremos o seu xénero (un home, unha muller, un rapaz... )

  2. Diremos a súa idade (naturalmente será a idade aproximada na maior parte dos casos: é unha nena de meses, un vello, unha velliña, un señor maduro, unha moza nova, terá uns vinte anos, andará polos corenta, etc.

  1. Citaremos a súa aparencia xeral: fermoso, feo, atlético, de aspecto canso, musculoso..

  2. Sobre a súa talla indicaremos se é unha persoa alta, baixa, anana, delgada, fraca, barriguda etc.

  3. A continuación describiremos a súa cara, pois é elemento das persoas no que máis nos fixamos e que o máis nos identifica. Ao falar da cara iremos tratando os distintos elementos: a súa forma (ovalada, cadrada, ancha...), o cabelo (abundante ou escaso, negro, loiro, ondulado, liso...), os ollos (grandes, pequenos, vivaces, alegres, claros, escuros, azuis, verdes...), os beizos (grosos, finos, carnosos...), a fronte (ampla, pequena...) etc.

  4. Se é o caso falaremos dalgunha característica particular que teña a persoa descrita: calvo, bigote, barba, algunha mancha ou marca significativa.

  5. A continuación, xa para rematar o retrato físico, falaremos da súa vestimenta.

  6. Finalmente daremos información sobre o seu carácter: diremos se é unha persoa amable, sociable, antipática...

Non é obrigatorio seguir necesariamente esta orde; son posibles outras organizacións, pero sempre debe existir unha organización determinada, evitaremos dar a sensación de saltar dun lado a outro sen orde concreta.

WORDW.jpg

Escribe ou di , que ves?

worpress.png

Exercicio describe persoas

Gramática

A comunicación : Definición e partes 

Acto_comunicativo.png

Tipos de oracións:

live.jpg
Tipos_de_oracións.png

Ortografía 

Tipos de palabras segundo a súa sílaba tónica :

Antes de ver o video lembra a sílaba tónica é a que ten forza na palabra , por exemplo :  caixón = cai-xón , xón será a sílaba tónica , na palabra Hércules : Hér-cu-les , Hér será a sílaba tónica .As demais sílabas que non teñen forza se chaman sílabas átonas 

xunta.png

Exercicio : ficha 

O suxeito e o predicado 

live.jpg
xunta.png

Fichas de traballo 

Tarefas de Nadal

DESTAS 10 CANCIÓNS QUE AQUÍ TENDES , DEBERADES ESCOLLER UNHA , ESCRIBIR A SÚA LETRA NUN FOLIO CON BOA LETRA E CO SEU TÍTULO , APRENDELA E Á VOLTA INTERPRETALA . POR CERTO ! PODEDES INTERPRETALA EN PARELLA 

Aquí tes un total de 7 poesías .Antes de ler as poesías deberas ollar no apartado de lengua castellana os 2 videos que che falan da poesía , despois  de ter feito isto,xa podes escoller a poesía que máis che guste ( tamén podes facer ti unha , mais ten que ter mínimo 3 estrofas - Atréveste? ) . Ben,unha vez lida e escollida  ( tamén  ca túa se a fas , tes que escribila nun folio e ilustrala cun bonito debuxo , na parte de atrás tesme que indicar : cantas estrofas ten e cantos versos , e tamén en 2-3 liñas por que escolliches esa .

bottom of page